CAMPAMENTO AMARAI – XULLO 2018

Posted on 27-07-2018 , by: David , in , 0 Comments

Como vén sendo tradición nos últimos anos, AMARAI organizou un campamento de verán durante os días 17, 18, 19 e 20 de xullo. O destino desta edición foi a praia de Razo, en Carballo; onde puideron desfrutar deste lugar, así como visitar Malpica de Bergantiños, o Monte Neme e realizar un sinfín de actividades das que regresaron máis que contentas as persoas que participaron.

share: