A asociación Amarai é unha entidade sen ánimo de lucro que desenvolve a súa labor por e para as persoas con discapacidade tanto física, psíquica, sensorial ou mixta. O percorrido de AMARAI escomeza en outubro do ano 1997 cando un grupo de xente, persoas con discapacidade, familias destas e persoal técnico que traballa a favor deste colectivo deciden poñer en marcha AMARAI pensando en crear unha entidade que se ocupe e preocupe en favorecer a integración en tódolos ámbitos da vida na procura de mellorar a calidade da mesma.

Estamos recoñecidos como entidade prestadora de servizos sociais co código E-1142.

O proxecto mais salientable nos inicios foi a creación do Centro Especial de Emprego sen ánimo de lucro ISO-RIPARIA, S.L. participado por Amarai e Cogami, hoxe denominado comercialmente DIXARDÍN despois da fusión da primeira con INTEGRO DE XARDINERIA E MEDIOAMBIENTE. Que leva prestando servizos de xardinería dende o ano 2001.

E en maio do 2011 fai a apertura o CENTRO de RECURSOS de AMARAI no Lg. de Cernadela – Boimil no concello de Boimorto. Composto por C. de Día e Ocupacional con 19 e 23 prazas homologadas.

SALIENTAR que AMARAI foi declarada como entidade de UTILIDADE PÚBLICA segundo ORDE do 11 de decembro de 2014 pola que se declaran de utilidade pública asociación inscritas no Rexistro de Asociacións da Comunidade Autónoma de Galicia co número provincial de A Coruña co número 1998/4828-1.

Isto significa que calquera persoa que faga un donativo a AMARAI vai a obter deduccións de entre o 30 e o 80% do importe abonado.

A colaboración con AMARAI pódese facer de diferentes formas a través desta páxina das seguintes maneiras:

 Donar puntualmente a cantidade que estimes oportuna mediante tarxeta de crédito:

Facerse socia/o de AMARAI pagando a cuota anual de 20 € domiciliando na conta bancaria que estime oportuno, para esto debe remitir este FORMULARIO por correo electrónico a amarai@amarai.es ou imprimindo, completando os seus datos e remítao por correo postal ao domicilio social de Arzúa sito na Rúa Padre Pardo nº 33. 1º C.P. 15810.

Aquelas persoas que se fagan socias recibirán un carnet que acredite esta condición.

Moitas gracias pola súa colaboración e quedamos a súa enteira disposición para cualquier dúbida no teléfono 981 500 823.