Sorteo Cesta de Nadal

Posted on 14-12-2017 , by: David , in , , 0 Comments

Xa temos á vosa disposición as rifas para a nosa CESTA de NADAL, a cal sae na fotografía! Pola compra dun boleto de 1€ entrades no sorteo dunha cesta con produtos elaborados polas persoas usuarias do Centro de Recursos. O sorteo celebrarase o luns 8 de xaneiro de 2018 e farase público nesta páxina, ademáis de chamar á persoa gañadora. Podedes recollelas na oficina de Arzúa ou no Centro de Recursos de Boimorto. Se vos achegades á Feira de Arzúa o 22 de decembro estaremos alí con produtos elaborados polas persoas usuarias do centro, e tamén poderedes facervos coa vosa rifa. Moita sorte!

share: