Subvención Garantía Xuvenil

Posted on 19-11-2019 , by: AMARAI , in , 0 Comments

Recentemente acabamos de recibir unha resolución pola que se nos outorga unha subvención, polo importe de 9.870,56 € euros á nosa entidade, equivalente aos custos salariais dunha coidadora, maila cotización empresarial á Seguridade Social derivada de dito salario, resultante da contratación de 1 moza desempregada inscrita no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil para a realización do servizo “III PROGRAMA DE APOIO SOCIOSANITARIO PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE” , durante 7 meses a xornada completa.

Esta axuda está cofinanciada nun 91,89% polo Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil, a través do Programa Operativo de Emprego Xuvenil, Eixe prioritario 5, Prioridade de investimento 8.2, Obxectivo específico 8.2.4, Medida 8.2.4.2.

Coa contratación dunha nova coidadora preténdese aumentar o persoal para a prestación das funcións propias deste perfil profesional, tales como apoio nas actividades básicas da vida diaria (comida, vestimenta, ducha, aseo), apoio en actividades lúdico-deportivas…

Os obxectivos previstos para esta traballadora subvencionada son:

  • Adquisición de coñecementos técnicos e teóricos de xeito máis práctico no traballo en equipo, apoio ás ABVDs e AIVDs, etc.
  • Fomento dun emprego estable e duradeiro no tempo.
  • Instauración dun novo posto de traballo que mellora a calidade de vida das persoas con discapacidade que acoden ao Centro de Recursos de AMARAI.
  • Formación específica para o posto de coidadora de persoas con discapacidade.

O resultado con esta subvención será o desenvolvemento dunha intervención interdisciplinar integral, xa que o aumento de persoal permitirá unha atención máis individualizada, e contribuirá ao desenvolvemento persoal e social das persoas con discapacidade, amén dunha mellora da calidade dos servizos prestados.

share: