O centro especial de emprego Dixardín nace en 2010, froito da fusión de Íntegro de Xardinería e Iso-Riparia, creadas en 2000 e 2001 respectivamente, o que permitíu comezar a andaina de Dixardín coa consolidada experiencia que aportaron os profesionais das dúas empresas unidas.

Na actualidade, a participación de AMARAI en Dixardín, nome comercial de COREGAL PARQUES E XARDÍNS S.L., é do 17,16%, sendo o restante 82,84% de Galega de Economía Social S.L (grupo empresarial de COGAMI). A sede central de Dixardín está ubicada en Ames, pero continúa a manterse a sede de que no seu momento tiña Iso-Riparia en Arzúa.