Curso de fotografía

Posted on 14-01-2020 , by: David , in , 0 Comments

En AMARAI comezamos un novo ano e con el queremos iniciarnos nun novo obradoiro.
A partir de Febreiro 2020 impartiremos un taller de iniciación a fotografía, no que poderedes explorar temas como:
– Elementos da fotografía
– Uso de diferentes tipos de cámaras
– Uso de materiais de apoio, etc.

O curso impartirase os mércores pola tarde (de 16 a 17.30 horas) no Centro de Recursos de Boimorto.

Custe de participación no curso: 10 €/mes.

Data de Incio: 05 de Febreiro de 2020.

O curso está dirixido a persoas con calquera tipo de Discapacidade.

Prazas limitadas. Podedes anotarvos ata o 29 de xaneiro de 2020.

Podédesvos anotar o curso por 2 vías:

– Pasándovos polo Centro de Recursos de Boimorto ou pola oficina de Arzúa.
– Chamándo por teléfono ou whastapp nos números 981500823 / 663899428

A inscripción realizarase por orde de solicitudes.

Agardámosvos a tod@s!!!

share: