DESCRIPCIÓN

Consideramos primordial prestar unha atención individualizada ás persoas con diversidade funcional e ás súas familias, escoitando as súas inquedanzas co fin de poder ofrecerlle unha información e asesoramento o mais completa e axeitada posible dos temas que demandan e que lles preocupan.

Proporciona os coñecementos e apoios necesarios para que calquera persoa poida dar resposta ás súas necesidades ou dúbidas en materia de:

  • Información e orientación á discapacidade e dependencia.
  • Accesibilidade e transporte adaptado.
  • Intermediación laboral: AMARAI colabora co Servizo de Intermediación Laboral (SIL) de COGAMI coa finalidade de apoiar e orientar ás persoas con discapacidade sobre emprego e formación.

TEMÁTICA DAS CONSULTAS

• Funcionamento da asociación, servizos e programas que desenvolve.
• Demanda de Emprego.
• Acceso a Educación.
• Cursos de formación.
• Programas de Ocio e Tempo de Lecer.
• Solicitude de axudas económicas e domiciliarias.
• Tramitación da Lei de Dependencia.
• Tramitación do servizo de transporte adaptado do 065 e xestión do mesmo.
• Xestión da tarxeta acreditativa do grao de discapacidade.
• Produtos de Apoio.

 

OUTRAS

Realizamos a xestión de ALTAS e BAIXAS de aqueles que se queren facer socias/os de AMARAI, cubrindo unha ficha e aportando unha serie de documentación que se lle solicita, entre a que está:

  • 1 foto tamaño carne.
  • Fotocopia do DNI.
  • Fotocopia do certificado de discapacidade, no seu caso.
  • Fotocopia da valoración de dependencia, no seu caso.