AMARAI, como entidade, conta con diferentes servizos de formación e de rehabilitación, ofrecendo unha atención directa individualizada a persoas con discapacidades de calquera idade.

Tal e como se amosa na gráfica, a idade da maioría das persoas beneficiarias é a da etapa infantil e adolescente, enfocándose principalmente en dar resposta ás dificultades de aprendizaxe no plano educativo e no ámbito social.