O centro é un servizo de atención diúrna terapéutica destinado a persoas con discapacidade intelectual gravemente afectadas, dependentes, que ben polas necesidades de atención que precisan, derivadas da súa discapacidade ou ben por razóns sociais ou familiares, teñen dificultade para unha integración familiar normalizada.

Céntrase na atención integral das persoas con discapacidade e/ou en situación de dependencia, tendente a cubrir as súas necesidades, prestando apoio no desenvolvemento das Actividades Básicas e Intrumentais da Vida Diaria, na promoción da súa vida autónoma e no apoio e coordinación coas súas familias.

A capacidade do Servizo de Atención Diúrna Terapéutica de Boimorto é de 19 prazas homologadas. E o horario é continuado de 10:00 a 17:30 h.

SERVIZO DE ATENCIÓN DIÚRNA TERAPÉUTICA

SERVIZOS PRESTADOS

– Servizo de valoración, seguimento, avaliación e coordinación

  • Avaliación ds necesidades e intensidade dos apoios
  • Programa de atención individual (PAI)
  • Seguimento e avaliación do PAI

– Servizo de Información, orientación e formación a familiares

  • Acollida e valoración de necesidades da familia
  • Avaliación da necesidade e intensidade dos apoios
  • Plan de apoio familiar
  • Seguimento e avaliación do plan de apoio familiar

– Servizo de ABVD (Adestramento en Habilidades Básicas para a Vida Diaria)
– Servizo de AIVD (Adestramento en Habilidades Instrumentais para a Vida Diaria; Promoción da saúde)
– Servizo de Formación Académica de Adultos
– Asistencia ás actividades básicas e instrumentais da vida diaria

– Servizo de Actividades de Lecer
– Servizo de Deporte Adaptado: Baloncesto, Golf, Ximnasia de Mantemento
– Servizo de Terapias Alternativas: Musicoterapia
– Servizo de Teatro

– Servizo de Atención Psicolóxica
– Ximnasia de Mantemento
– Servizo de Estimulación Cognitiva
– Servizo de Logopedia
– Servizo de Fisioterapia
– Servizo de Terapia Ocupacional

– Servizo de comedor
– Servizo de Produtos de Apoio
– Servizo de Transporte
– Servizo de Limpeza e mantemento
– Servizo de Xestión e administración
– Supervisión e vixilancia