DENOMINACIÓN: Asociación de Persoas con Discapacidade e Apoio a Integración das Comarcas de Arzúa e Terra de Melide. “Amarai”.
DOMICILIO SOCIAL: Edificio María Mariño, Rúa Padre Pardo nº 33 – 1º – CP 15810, Arzúa (A Coruña).
RÉXIMEN XURÍDICO: Lei Orgánica 1/2002 del 22 de Marzo.
A entidade aparece inscrita nos seguintes rexistros administrativos:
- Rexistro Provincial de Asociacións da Consellería de Xustiza co código: 4828-1
- Rexistro de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS), co código: E-1142.
- Rexistro de Asociacións da Xunta de Galicia como entidade CULTURAL DE GALICIA co código: B – 03 – 14/C – 106 Libro 2 folio exp. 3210
- Rexistro de Entidades de Acción Voluntaria de Galicia co número: O-157.
- Declarada Asociación de Utilidade Pública por Orde do DOG nº 237 de 2014/12/11.
NIF-CIF: G-15637325
No ano 1997 constitúese Amarai, cando un grupo de persoas con discapacidade e familiares destas deciden poñer en funcionamento unha asociación que teña como labor principal; a de mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade e as súas familias. Posibilitando a plena inclusión destas persoas nos diferentes ámbitos da sociedade, a través da defensa e promoción dos seus dereitos, da reivindicación do cambio social, da potenciación do asociacionismo e da prestación de servizos que satisfagan as súas necesidades e expectativas.