Dentro deste servizo inclúense diferentes actividades para dar resposta aos obxectivos xerais e para atender ás necesidades e demandas das persoas usuarias procurando, así, todos e cada un dos seguintes obxectivos:

  • Proporcionar coñecementos e aprendizaxe de actividades e formacións.
  • Mellorar as habilidades sociais e comunicativas.
  • Adquirir habilidades prelaborais.
  • Adquirir hábitos e rutinas de vida independente.

PRÁCTICAS PRELABORAIS


O servizo de prácticas prelaborais ten como obxectivo dotar de coñecementos e habilidades sociolaborais ás persoas con discapacidade intelectual, adquirindo unha formación ocupacional e prelaboral nunha empresa, previa e necesaria para o desenvolvemento dun posto de traballo.

OBRADOIRO DE COIRO


Taller ocupacional no que se manipula e traballa este tipo de pel. Empréganse diferentes ferramentas e confecciónanse variedade de produtos: chaveiros, carteiras, moedeiros, pulseiras, bolsos, cinturóns, etc.

OBRADOIRO DE MARQUETERÍA


Taller ocupacional no que se aprende a manipular a madeira, a empregar ferramentas de traballo e técnicas coma o corte, lixado e pulido.

Coñécense os materiais necesarios para a decoración, coma o barniz, pintura ou tintes, e elabóranse os diferentes produtos tales coma: colga chaves, reloxos, percheiros, chaveiros, maceteiros, etc.

OBRADOIRO DE CESTERÍA


Taller ocupacional no que se aprenda a manipular coma o bimbio ou a médula. Empréganse as diferentes ferramentas para o traballo dos materiais e elabóranse cestos de diferentes formas, tamaños e cores.

OBRADOIRO DE MANUALIDADES


As manualidades son traballos que se realizan coas mans, mediante diferentes técnicas e materiais: vidrio, cartón, papel, tella, madeira, lana, glicerina, etc. A imaxinación e a creatividade son a base principal deste obradoiro. Deste taller resultan diferentes produtos orixinais e decorativos coma: tellas debuxadas, cadros de hilograma, bouquets, xabóns, ambientadores, labiales, etc.

TALLER DE COSTURA


A costura é unha actividade que forma parte da vida diaria das persoas, é unha profesión común e para moitas persoas, unha actividade de ocio significativa.

Con este taller, non só se aprende a realizar patróns, enfiar, coser á man e coser á máquina, se non que tamén se adquiren moitas destrezas e habilidades necesarias para o día a día.

TALLER DE COCIÑA


O obxectivo principal deste taller é fomentar a mellora da independencia nesta actividade da vida diaria. Mediante esta actividade apréndese a elaborar receitas, realizar listas de compra, entender conceptos básicos coma o ticket, facturas, ofertas e nocións básicas de economía doméstica.

Así mesmo, tamén se fomenta a mellora doutras actividades do día a día coma a limpeza de alimentos, coidado do entorno, mantemento da seguridade, uso de electrodomésticos, independencia na comunidade, compras, etc.