

Consegue o teu Carnet de Socio.
Sobre nós
Asociación de Persoas con Discapacidade e Apoio a Integración das Comarcas de Arzúa e Terra de Melide. “Amarai”.

Convertendo as persoas con discapacidade, mulleres, homes, nenas e nenos e as familias os máximos referentes da nosa acción, e beneficiarios finais da mesma.
Esta asociación aborda a discapacidade dende un enfoque de dereitos humanos, estando o eixo da acción reivindicativa de Amarai constituído, tanto pola defensa da plenitude de dereitos, e non discriminación, a igualdade de oportunidades, a inclusión na comunidade, a autodeterminación, a promoción da autonomía persoal e a emancipación social.
A estratexia de Amarai está presidida polo enfoque inclusivo.
SERVIZOS
Rehabilitación
Este servizo é vital de cara a mellorar o factor físico e polo tanto a autonomía das persoas con diversidade funcional. Neste servizo inclúense catro modalidades de rehabilitación específica, adaptándoas ás características e necesidades da persoa.
Transporte Adaptado
A entidade dispón de 5 furgonetas adaptadas para realizar os servizo de recollida e regreso aos seus domicilios as persoas usuarias. Ademais, dende Amarai realizamos xestións co Servizo de Mobilidade Adaptado da Xunta de Galicia (065).
Intermediación laboral
O obxectivo é mellorar a atención as persoas con diversidade funcional e as súas familias respondendo as necesidades de información por parte das entidades públicas e privadas vinculadas o sector social.


Formación
A finalidade do mesmo é proporcionar alternativas formativas enfocadas a habilitación das persoas con discapacidade; para elevar o seu nivel de formación básica, profesional, ao seu desenvolvemento persoal e social cara unha incorporación a unha vida máis activa.
APOIO E ATENCIÓN AS FAMILIAS
Un dos nosos cometidos máis importantes é apoiar ás familias de persoas con diversidade funcional. Os familiares soen ser o principal apoio natural co que contan as persoas, facilitando a súa inclusión na sociedade. Para conseguilo, ofrecemos unha serie de actividades e servizos dirixidos ás familias.
Lecer e Deporte adaptado
Dende AMARAI apostamos por unha práctica do TEMPO DE LECER e DEPORTIVA inclusiva que satisfaga as necesidades de todas as persoas participantes, sen exclusións e sen discriminacións. Entendemos que o tempo de ocio é un factor clave para o desenvolvemento psicosocial e o mantemento físico e funcional da persoa.
Máis servizos...
Área Cognitiva
Un dos aspectos que debemos traballar para mellorar a calidade de vida e aumentar as capacidades é a ÁREA COGNITIVA. Dende Amarai ofrecemos dous servizos especializados para conseguilo.
Comedor
No centro de recursos contamos cun servizo de catering realizado por empresa cualificada e con longa experiencia que está identificada no Rexistro Sanitario co nº 26.1456/C, obrigatorio para exercer a actividade de catering.
Accesibilidade
Dende este servizo realizamos xornadas de concienciación e sensibilización sobre accesibilidade, proxectos sobre eliminación de barreiras e informamos e asesoramos sobre as diversas solucións para a ACCESIBILIDADE UNIVERSAL.
Actividades
Actividades desenvolvidas por AMARAI

Aquarium e Feira das Marabillas
No Comments , in Actividades
Un día na Coruña! Nesta ocasión gozamos dunha estupenda excursión á cidade da Coruña, onde a nosa primeira parada foi o Aquarium Finisterrae. Alí tivemos a oportunidade de coñecer de...

Corax Fauna
No Comments , in Actividades
Unha xornada chea de aprendizaxe, natureza e boas experiencias. Durante a visita puidemos coñecer de preto o importante labor que realizan na recuperación e conservación da fauna silvestre, descubrindo curiosidades...

Creando e Sentindo
No Comments , in Actividades
Durante estas últimas semanas tivemos a oportunidade de participar nos obradoiros «Creando e Sentindo», unha experiencia na que aprendemos, compartimos e reflexionamos sobre a afectividade, a sexualidade, a igualdade e...

Visita Arqueixal
No Comments , in Actividades
Vivimos unha xornada moi especial pola comarca da Ulloa Pola mañá achegámonos a Palas de Rei e tivemos a oportunidade de visitar Arqueixal: a súa granxa, coñecer a casa antiga...

𝐗𝐨𝐫𝐧𝐚𝐝𝐚 𝐝𝐞 𝐅𝐚𝐦𝐢𝐥𝐢𝐚𝐬 𝟐𝟎𝟐𝟔
No Comments , in Actividades
O pasado sábado desfrutamos da nosa xa popular xuntanza de familias e socios. Pasámolo en grande! Moitas gracias a César e Celia que, desinteresadamente, nos animaron tan ben a sobremesa....

Museo do Mar _ Noia
No Comments , in Actividades
Que pracer tan grande coñecer a Félix, un amante do mar. Tras adicar toda a súa vida ó arte pesqueiro, agora recibe desinteresadamente no Museo do Mar de Noia Carmen...

Campamento 2026 _ Ribadeo
No Comments , in Actividades
Este ano estivemos por Ribadeo, xenial atendidos en Casa Fandín Podedes ver que visitamos a fábrica de Sargadelos, fomos á praia, fixemos Kayak con CientoVolando, turisteo vario, e ata fomos...

Terapia Canina
No Comments , in Actividades, Novidades
Nova actividade no noso Centro Estamos moi ilusionadas de anunciar o inicio dunha nova terapia asistida por un can. Unha experiencia chea de emocións, aprendizaxes e momentos especiais para as...

Vermuteo en Andabao
No Comments , in Actividades
...

Balneario de Cuntis
No Comments , in Actividades
Un gupo de persoas usuarias do Centro de Recursos participaron nunha actividade pensada para o benestar, a relaxación e o coidado persoal. A través da auga, os estímulos sensoriais e...
Amarai na Prensa

Prácticas Prelaborais
No Comments , in Actividades, Prensa
Noticia completa La Voz: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/melide/2025/05/12/alumnos-diversidad-funcional-realizan-practicas-prelaborales-melide-arzua/00031747072713242875959.htm?utm_source=facebook&utm_medium=referral&utm_campaign=fbsan Noticia Completa Ecos da Comarca: https://www.ecosdacomarca.com/post/5-usuarios-de-amarai-realizan-pr%C3%A1cticas-prelaborais-en-empresas-das-comarcas-de-arz%C3%BAa-e-terra-de-mel?fbclid=IwY2xjawKhTTdleHRuA2FlbQIxMQBicmlkETFKMk5CaGpHYWJWbGszM3dWAR7vnj_SPF_pxWrg8LUScEnxKwHCX5rMthuTfMIdSnvsqF9vrrnJGlxC3AumkQ_aem_nJrl6xwqKdJXw6upRLVKIw...

VI XORNADA ECUESTRE
No Comments , in Actividades, Prensa
AMARAI celebra a súa sexta edición da, xa recoñecida, Xornada Ecuestre. Preto de 200 persoas con discapaciade de distintas entidades participaron na actividade. Máis información: https://www.lavozdegalicia.es/amp/noticia/santiago/2024/10/09/cerca-200-personas-discapacidad-participaron-sextaspan-langgl-xornada-ecuestrespan-organizada-amarai/00031728483731223174602.htm?utm_campaign=amp&fbclid=IwY2xjawHOHQtleHRuA2FlbQIxMQABHRts3Jwz5CgZA9j0NwuZ8iq2CTaqdW24O-_pjgo3aqWRjt9MbZfxOmyFJQ_aem_5oIdS3OxuH9iclLprC1PsQ https://21noticias.com/2024/10/08/amarai-celebra-a-sua-vi-xornada-ecuestre-con-moitas-novidades/?fbclid=IwY2xjawHOHH9leHRuA2FlbQIxMQABHaPbZlGkAMNg1R1FyQlXoAoRZkzUTeg11ccOn-kbZ8hKAhBBCbFSaOcXDw_aem_tFE_Y4w8UCfEtGf5V90eVA...

TELLAS SOLIDARIAS
No Comments , in Actividades, Novidades, Prensa
AMARAI e Tejas Verea realizan unha colaboración para promocionar as tellas solidarias para promover a inclusión das persoas con discapacidade. Máis información: https://www.alimarket.es/construccion/noticia_amp/381925/amarai-y-tejas-verea-presentan-sus-tejas-solidarias-para-promover-la-inclusion-de-las-personas-con-discapacidad?fbclid=IwAR0VWGj5Ge5SOMWKzhuvZqZoC3dRJFhPvHRm9-RvDAK8UVxoM7ZcksAS86s https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/boimorto/2023/12/15/tejas-solidarias-promover-inclusion-personas-discapacidad-comarcas-arzua-melide/00031702649856428289679.htm?fbclid=IwAR2ty7uF0qrcWj5KFvdOUJSmW92Q34c7EVzPpBjuCVkjuhV1qYzRsrkRPYc...

Día Internacional das Persoas con Discapacidade
No Comments , in Actividades, Novidades, Prensa
O pasado venres dia 1 de decembro, todas as furgonetas sairon dende o Centro de Recursos da Asociación AMARAI cara os concellos máis cercanos: Boimorto, Arzúa, Melide e Curtis para...

O Concello de Arzúa fai entrega a AMARAI dun premio de 1500 euros da campaña ECOEMBES. https://www.ecosdacomarca.com/post/o-concello-de-arz%C3%BAa-fai-entrega-a-amarai-do-premio-de-1500-euros-da-campa%C3%B1a-de-ecoembes?fbclid=IwAR0s_F5b0rZu7eN67oGkrOQ9pwWlcmDzeF8lnxApFeR4ZhcCVzmB7NH18BI...

XXV ANIVERSARIO ASOCIACIÓN AMARAI
No Comments , in Actividades, Novidades, Prensa
O venres 2 de decembro celebramos o XXV Aniversario da Asociación AMARAI no Auditorio Mingos de Pita de Melide. Contamos coa representación da obra de teatro «Román e Xuliña» polos...

I CONCERTO MIP
No Comments , in Actividades, Novidades, Prensa
O venres 14 de outubro celebrouse o I Concerto MIP (Música Inclusiva e Participativa) no Colexio La Salle de Santiago de Compostela, dirixido polo Músico Terapeuta Robert Pier. Máis información:...

IV XORNADA ECUESTRE
No Comments , in Actividades, Novidades, Prensa
O venres día 30 de setembro celebramos no Centro Ecuestre Marco das Pías de Sobrado dos Monxes a nosa xa habitual Xornada Ecuestre coa participación de 200 persoas entre usuarios...

AMARAI retoma a Xornada Ecuestre
No Comments , in Prensa
O venres 30 de setembro retomarase a Xornada Ecuestre organizada pola Asociación AMARAI na que participarán preto de 200 persoas procedentes de outras entidades de COGAMI. Máis información: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/arzua/2022/09/28/jornada-ecuestre/00031664395046891423826.htm...

Intercambiando rurais
No Comments , in Actividades, Novidades, Prensa
AMARAI leva a cabo un intercambio coa Asociación ANPEHI de Cádiz. O obxectivo fundamental do proxecto era a convivencia entre usuarios de ambas asociacións e manter experiencias vacacionais reais nas...
Consegue o teu Carnet de Socio.

