DESCRIPCIÓN
Dende AMARAI apostamos por unha práctica do TEMPO DE LECER e DEPORTIVA inclusiva que satisfaga as necesidades de todas as persoas participantes, sen exclusións e sen discriminacións.
Entendemos que o tempo de ocio é un factor clave para o desenvolvemento psicosocial e o mantemento físico e funcional da persoa.
Actividades de lecer como:
- Proxecto GAVEA.
- Lecer Naútico de Sanxenxo.
- Campeonato de baloncesto de Valadares.
- Xornada de Pesca de AVANTE.
- Ou campamento de verán de AMARAI.
Son algunha das mostras que realizamos no transcurso do ano ben a través dos programas que realiza COGAMI e outras entidades do movemento asociativo pertencentes a confederación.
PRINCIPIOS FUNDAMENTAIS
O lecer e o deporte son signos de calidade de vida e benestar, e un aspecto determinante para a inclusión social das persoas con discapacidade.
As condicións en que se realice, deben satisfacer as necesidades de todas as persoas, sen exclusións e sen discriminacións, garantindo o exercicio deste dereito.
Dende AMARAI pretendemos proporcionar unha oferta que faga posible que as persoas con discapacidade teñan acceso ao deporte dunha forma recreativa, nunha contorna didáctica e inclusiva. O deporte representa unha actividade moi saudable, non só porque completa o desenvolvemento físico e motor da persoa senón porque ademais fomenta actitudes e condutas de compañeirismo, cooperación, espírito de superación, etc. Por tanto, a práctica deportiva está rodeada de elementos e consecuencias positivas que fan que se revele como unha das mellores actividades complementarias á formación.
Actualmente Amarai ofrece diversas opcións, como:
- Badmintón.
- Natación Terapeútica.
- Golf Adaptado.
- Baloncesto. Só para persoas usuarias do Centro de Recursos.