O centro é un servizo de atención diúrna ocupacional, para persoas con discapacidade con necesidades de apoio límite e intermitente, e/ou en situación de dependencia, que polas súas características necesitan dunha atención para potenciar os hábitos de vida diaria así como actividades capacitadores, terapéuticas e de formación para o emprego.
Céntrase na atención integral da persoa con discapacidade e/ou en situación de dependencia, tendente a cubrir as súas necesidades, prestando apoio no desenvolvemento das Actividades Básicas e Intrumentais da Vida Diaria, na promoción da súa saúde emocional, no seu desenvolvemento en actividades do entorno e na súa formación e preparación prelaboral.
A capacidade do Servizo de Atención Diúrna Ocupacional de Boimorto é de 30 prazas homologadas. E o horario é continuado de 10:00 a 17:30 h.
SERVIZO DE ATENCIÓN DIÚRNA OCUPACIONAL
SERVIZOS PRESTADOS
– Servizo de valoración, seguimento, avaliación e coordinación
– Avaliación ds necesidades e intensidade dos apoios
– Programa de atención individual (PAI
– Seguimento e avaliación do PAI
– Servizo de Información, orientación e formación a familiares
– Acollida e valoración de necesidades da familia
– Avaliación da necesidade e intensidade dos apoios
– Plan de apoio familiar
– Seguimento e avaliación do plan de apoio familiar
– Servizo de ABVD (Adestramento en Habilidades Básicas para a Vida Diaria)
– Servizo de AIVD (Adestramento en Habilidades Instrumentais para a Vida Diaria; Promoción da saúde)
– Asistencia ás actividades básicas e instrumentais da vida diaria
– Servizo de Actividades de Lecer
– Servizo de Deporte Adaptado: Baloncesto, Golf, Ximnasia de Mantemento
– Servizo de Terapias Alternativas: Musicoterapia
– Servizo de Teatro
– Servizo Formación pre-laboral: obradoiros
– Servizo de Formación Académica de Adultos
– Servizo de Atención Psicolóxica
– Ximnasia de Mantemento
– Servizo de Estimulación Cognitiva
– Servizo de Logopedia
– Servizo de comedor
– Servizo de Produtos de Apoio
– Servizo de Transporte
– Servizo de Limpeza e mantemento
– Servizo de Xestión e administración
– Supervisión e vixilancia