MUSICOTERAPIA
É un servizo que emprega coma medio terapéutico a música, para facilitar e promover a comunicación, as relacións sociais, a aprendizaxe, o movemento e a expresión corporal. Potencia o desenrolo das funcións e mellora os aspectos físicos, cognitivos, emocionais, mentais e sociais.
O servizo de musicoterapia lévase a cabo semanalmente, onde as persoas usuarias aprenden a cantar, bailar e empregar instrumentos da música tradicional galega.
RISOTERAPIA
A risa é un privilexio do ser humán. Precisamos rir para descargar tensións e expresar emocións. A risoterapia é un tratamento alternativo basado no poder da risa, dando lugar a efectos beneficiosos para a saúde, que melloran a calidade de vida. É unha entrada para lograr a relaxación, a capacidade de sentir e da creatividade.
Trátase, polo tanto, dunha extratexia psicoterapéutica que produce beneficios mentais, emocionais e somáticos.
É un servizo relativamente novo no centro que ten como finalidade xerar risa en calquera momento e desenrolar o sentido do humor ante situacións de estrés, tristeza, angustia e dor con un enfoque lúdico, terapéutico e de crecemento persoal. Pretende divertir, animar e por outro lado, aprender a relacionarse de maneira más sana e asertiva co resto de persoas, polo que reforza a cooperación e comunicación positiva e efectiva, xerando estados satisfactorios tanto a nivel individual como grupal, influíndo na saúde e benestar das persoas.
TERAPIA CON ANIMAIS
A hipoterapia é unha técnica que contribúe á mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade, na cal se emprega como elemento terapéutico a relación do cabalo coa persoa.
Os usuarios participan semanalmente neste servizo, que ten lugar no Centro Ecuestre do Marco das Pías, no municipio de Sobrado dos Monxes. Alí realizan distintas actividades relacionadas co animal como monta, paseo, coidados, etc. É unha actividade que axuda a mellorar aspectos físicos, psicomotores e sociais. Potencia o equilibro, ton muscular, control postural, e tamén áreas como a comunicación, socialización e autoestima.
NATACIÓN TERAPÉUTICA
A natación terapéutica é o conxunto de tódalas actividades e exercicios realizados no medio acuático. É unha práctica que ten moitos beneficios para a saúde e benestar: prevención de enfermidades, mellora da capacidade propioceptiva, mellora da circulación, potenciación muscular e articular, reducción de alxias, mellora da respiración, aumento da autoestima, mellora do estado de ánimo, mellora da socialización, comunicación e inclusión na comunidade.