O servizo de logopedia céntrase no tratamento dos trastornos da comunicación. Dadas as características, discapacidades e necesidades das persoas que acoden ao servizo, os obxectivos céntranse, principalmente, na mellora da articulación, discriminación auditiva, diminución da hipotonía oro facial, eliminación do babeo, conciencia fonolóxica, estructuración sintática, entre outros.
Para isto, realízase unha intervención individualizada a través de diferentes técnicas, terapias e recursos: programas tecnolóxicos, pictogramas, láminas, secuencias, taboleiros de comunicación, terapia miofuncional, etc.