Nesta ocasión gozamos dunha estupenda excursión á cidade da Coruña, onde a nosa primeira parada foi o Aquarium Finisterrae. Alí tivemos a oportunidade de coñecer de preto a gran diversidade da vida mariña, aprender sobre os ecosistemas do océano e admirar especies que espertaron a curiosidade e o entusiasmo de todas nós.
Pola tarde achegámonos á Feira das Marabillas, un evento que nos trasladou á época medieval a través dos seus postos de artesanía, espectáculos, música e ambiente nas rúas do casco histórico. Foi unha experiencia diferente, chea de cultura e momentos para compartir.

