O horario de apertura do centro de recursos é de 10:00 h a 17:30 h, polo que o comedor é un dos servizos xerais primordiais e necesarios, tanto para a participación continuada do centro das persoas usuarias coma para as familias.

Culinaria Catering é a empresa especializada que subministra o servizo de catering individual. Os menús son elaborados e supervisados por profesionais titulados en dietética e nutrición que, xunto coa comunicación diaria co centro de recursos, adáptanse ás distintas necesidades das persoas usuarias. No ano 2022 xestionáronse máis de 8 mil menús.

PRINCIPIOS FUNDAMENTAIS

Nutrición e alimentación segura, para iso contamos con profesionais implicados na asistencia á hora de comer das persoas usuarias tendo en conta:

– Necesidades de apoio.
– Grao de autonomía.
– Alteracións na deglución.
– Crisis epilépticas,…

Como na elaboración dos menús, seguindo as necesidades individuais de cada unha das persoas usuarias:

– Dietas e/ou modificacións na textura.
– Ingredientes mais adecuados.