DESCRIPCIÓN
Este é un servizo que permite un achegamento á poboación do sector da discapacidade, mediante a visibilización do colectivo dun xeito integrador, divulgativo e co fin de acadar unha conciencia de igualdade na poboación.
DESENVOLVEMENTO
Desenvolvese realizando charlas informativas de:
- Prevención de lesións medulares.
- Xornadas de sensibilización e concienciación.
- Celebración Día Internacional das Persoas con Discapacidade.
- Acudimos a Mercadillos Solidarios para a venda de artigos realizados nos nosos talleres pola persoas con discapacidade.
Son polo tanto, actividades que van máis alá do mero contido teórico, buscando estar presentes en diferentes foros, achegándonos a diversos colectivos, facendo do seu programa algo lúdico; que poida atraer ao público ao que vai dirixido.
REALIZACIÓN
- Colexos.
- Institutos.
- Centros de formación en diversas especialidades.
- Asociacións de diferentes sectores.
- Poboación en xeral.