Como parte imprescindible no desenvolvemento das persoas dende AMARAI promóvese o deporte, dando a oportunidade de coñecer novas formas de ocio e fomentar actividades recreativas e inclusivas.
En AMARAI continúase levando a cabo a actividade de bádminton, un día á semana, da cal se beneficia un grupo de persoas socias con discapacidade física e intelectual.