Foron catro xornadas moi enriquecedoras nas que as persoas participantes puideron expresar as súas ideas, compartir vivencias e seguir adquirindo ferramentas para o seu desenvolvemento persoal, sempre nun ambiente de confianza, respecto e participación.
Queremos agradecer á Área de Igualdade da Deputación da Coruña por impulsar o Circuíto en Igualdade, unha iniciativa que fai posible levar aos centros actividades tan necesarias e enriquecedoras como esta.

