DESCRIPCIÓN

Este é un servizo que desenvolvemos a través da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade – COGAMI que é centro asociado o Servizo Público de Emprego de Galicia.

O obxectivo é mellorar a atención as persoas con diversidade funcional e as súas familias respondendo as necesidades de información por parte das entidades públicas e privadas vinculadas o sector social.

CARACTERÍSTICAS

É un servizo especializado que apoia e orienta a aquelas persoas con diversidade funcional que queren buscar un emprego ou mellorar a súa formación.

Contamos cun punto de atención na propia oficina de AMARAI, ademais de locais que en momentos puntuais ceden os concellos, para que a orientadora laboral das zonas rurais das Comarcas de Arzúa e Terra de Melide, poida realizar entrevistas ou seguimentos os demandantes de emprego; as persoas que levan tempo no servizo, actualizando os datos do expediente.

FUNCIÓNS

  • Información sobre ofertas laborais da comarca.
  • Axuda na busca activa de emprego.
  • Posta en marcha de accións de formación e centros prelaborais que melloren a empregabilidade das persoas con discapacidade.
  • Entrevistas presenciais.
  • Información telefónica sobre calquera tema relacionado coa discapacidade.
  • Información a través do correo electrónico.

TEMÁTICA

A temática das consultas adoita estar relacionada co asociacionismo, auto emprego, axudas técnicas, asesoría xurídica, barreiras, Centros Especiais de Emprego, centros residenciais, certificado de discapacidade, servizos de COGAMI, educación, voluntariado e outros temas que espertan inquedanza ás persoas con diversidade funcional.