DESCRIPCIÓN
Dende ó 2008 a entidade conta cunha Comisión de Accesibilidade á disposición de calquera entidade pública ou privada do noso ámbito de influencia para toda persoa que o demande sendo o máximo responsable desta comisión D. Mario Mendonça Vilares, vogal da Xunta Directiva e persoa en usuaria de cadeira de rodas.
Para poder ofrecer unha información o máis completa e axeitada posible, traballamos de forma estreita cos técnicos e profesionais do departamento de accesibilidade da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade – COGAMI, que nos asesoran e orientan para dar a mellor das solucións a calquera consulta ou proxecto que se pretenda desenvolver.
CARACTERÍSTICAS
Dende este servizo realizamos xornadas de concienciación e sensibilización sobre accesibilidade, proxectos sobre eliminación de barreiras e informamos e asesoramos sobre as diversas solucións para a ACCESIBILIDADE UNIVERSAL.
TEMÁTICA
- Eliminación de barreiras arquitectónicas en edificios de uso público.
- Aparcamentos.
- Acceso interior.
- Aseos, vestiarios, duchas…
- Eliminación de barreiras arquitectónicas en edificacións de uso privado.
- Acceso dende o exterior.
- Vivendas para persoas con discapacidade.
- Eliminación de barreiras urbanísticas.
- Eliminación de barreiras no transporte.