Estamos moi ilusionadas de anunciar o inicio dunha nova terapia asistida por un can. Unha experiencia chea de emocións, aprendizaxes e momentos especiais para as persoas usuarias do centro
A través do vínculo cos animais, traballamos habilidades sociais, emocionais e cognitivas, nun ambiente próximo, motivador e cheo de agarimo. Wailo, o noso compañeiro de catro patas, xa se converteu nun máis do equipo!
Cada sesión está a deixarnos sorrisos, confianza e moitas ganas de seguir compartindo momentos únicos.
Seguimos apostando por actividades que melloran o benestar e a calidade de vida das persoas usuarias, creando espazos inclusivos, terapéuticos e felices

