O pasado venres dia 1 de decembro, todas as furgonetas sairon dende o Centro de Recursos da Asociación AMARAI cara os concellos máis cercanos: Boimorto, Arzúa, Melide e Curtis para levar a cabo unha xornada de convivencia interxeracional con outros centros sociais e educativos. Dende a Educación Infantil ata os nosos maiores, pasado por Educación Primaria e Instituto, poideron desfrutar dunha mañá chea de distintas dinámicas nas cales as persoas con discapacidade eran os protagonistas sendo monitores e monitoras de cada unha delas.
Máis información: