DESCRIPCIÓN

Un dos aspectos que debemos traballar para mellorar a calidade de vida e aumentar as capacidades é a ÁREA COGNITIVA. Dende Amarai ofrecemos tres servizos especializados para conseguilo.

MODALIDADES NA REHABILITACIÓN

  • ATENCIÓN PSICOLÓXICA: Ten como obxectivo fundamental que a persoa poida afrontar as adversidades de xeito eficaz, potenciando as propias habilidades e capacidades persoais. Isto conséguese mediante unha avaliación exhaustiva sobre o motivo da consulta e da situación vital da persoa, establécense obxectivos a acadar durante a fase de tratamento, onde se dota á persoa de estratexias e recursos de afrontamento para acadar ditos obxectivos.
  • LOGOPEDIA: Ten como finalidade mellorar a comunicación e a motricidade oro facial, polo que está indicada en múltiples trastornos (problemas ligados ao nacemento ou desenvolvemento, enfermidades adquiridas de orixe cerebral, problemas de audición, voz, linguaxe oral ou deglución, enfermidades neurodexenerativas…).
  • PSICOPEDAGOXÍA: Analizando as dificultades de aprendizaxe, búscase a potenciación da madurez vocacional nas persoas con necesidades específicas dotándoas de maiores recursos e técnicas de ensinanza especializadas, de cara a obter unha mellor formación académica e vocacional.