DESCRIPCIÓN

Un dos nosos cometidos máis importantes é apoiar ás familias de persoas con diversidade funcional. Os familiares soen ser o principal apoio natural co que contan as persoas, facilitando a súa inclusión na sociedade. Para conseguilo, ofrecemos unha serie de actividades e servizos dirixidos ás familias.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

ACTIVIDADES E SERVIZOS A DISPOSICIÓN DAS FAMILIAS

– Información, orientación e asesoramento familiar. Procuramos dar resposta ás consultas e dúbidas formuladas polas familias naqueles aspectos que o precisen, así como, informamos sobre os recursos, axudas, subvencións… das que poidan chegar a beneficiarse.

– Apoio emocional e Formación. Promovemos a creación do Programa de Encontros en Familia o que acoden un grupo formado por familiares das persoas con diversidade funcional que acoden ao centro de Recursos de Persoas con Discapacidade de AMARAI, que se reúnen periodicamente para compartir experiencias, sentimentos, ademais de recibir charlas de profesionais especializados en TEMÁTICAS de INTERESE para o desenvolvemento mais inclusivo posible para a persoa con diversidade funcional.

REALIZACIÓN

–  Unha xuntanza cuatrimestral para un total de 3 xuntanzas anuais.