Día Internacional das Persoas con Diversidade Funcional

Posted on 04-12-2019 , by: David , in , 0 Comments

O día 3 de decembro celebramos o día Internacional da Diversidade Funcional con 2 grandes actos:
Pola mañá saímos o Concello de Melide para realizar unha actividade de sensibilización e visibilización a que acudiron entre outros o Colexio n 1 de Melide (mais de 200 alumnos de infantil e primaria), alumnas do curso de atención sociosanitaria EFA Piñeiral, usuari@s da aula ocupacional do Concello de Melide, a Concelleira de Política Social do Concello e máis persoas que se achegaban ata as inmediacións.
Nesta actividade pueideron comprobar un situ as dificultades coas que se atopa unha persoa con diversidade funcional no seu día a día e ser conscientes do traballo que se realiza dende o centro para con eles.
Pola tarde asistimos a unha representación teatral a cargo da compañía Cavrot Teatro, que puxeron o broche de ouro dunha xornada tan importante coma ista.
Moitas gracias a tod@s os que nos acompañástedes e apoiástedes neste día.

share: