Enxaulados na súa propia casa

Posted on 28-11-2018 , by: David , in , 0 Comments

Reclaman cambios na lei de propiedade horizontal para que os límites económicos non frenen obras de accesibilidade necesarias nos edificios de vivendas.

En AMARAI non deixamos de loitar para que todas e todos teñamos os mesmos dereitos, así que este mércores 28 de novembro fomos a Santiago de Compostela xunto coas asocicacións Íntegro, Avante, Medelo , Acem Santiago e Amico, a formar parte da concentración Arrestópolis, organizada por COGAMI para denunciar a falta de accesibilidade nos edificios de vivendas. Ninguén debe de sentirse prisioneiro do seu propio fogar!!!

Nos seguintes enlace podedes ver a noticia nos medios de comunicación e a reportaxe emitida na TVG:

https://www.abc.es/espana/galicia/abci-enjaulados-propia-casa-201811281914_noticia.html

http://www.crtvg.es/informativos/os-discapacitados-reclaman-vivendas-accesibles-coa-campana-arrestopolis-3970530?fbclid=IwAR0muwVMJMlh11sZHa8R1JBztTrpfZZB9KUGwO74wo_G3XySOSEKWRaQJ-8

share: