III Xornada Ecuestre

Posted on 29-09-2019 , by: AMARAI , in , 0 Comments

Onte AMARAI celebrou a súa III Xornada Ecuestre no Centro Ecuestre Marcos das Pías. Nesta ocasión acompañáronnos as/os compañeiras/os de ADISBISMUR E ÍNTEGRO, cos que puidemos compartir actividades relacionadas co mundo cabalar como xincanas con cabalos, a zona de coidados dos mesmos, obradoiros de coiro e pintura, zoa de xogos populares e aventura e unha exhibición de salto e doma da man de Javier Gonzalez Fraga e Lara Liñares.
Moitas gracias a todas/os que nos axudástedes a facer isto posible (profesionais do centro, familias, amigos e voluntarias/os).
Agradecemos tamen a colaboración e visita da alcaldesa do Concello de Boimorto.

share: