Lecer náutico 2017

Posted on 19-09-2017 , by: Sandra , in , 0 Comments

Esta fin de semana marchamos a Sanxenxo, con motivo do programa de lecer náutico que COGAMI leva a cabo no Real Club Náutico de Sanxenxo. Foi unha gran experiencia, xa que esta quenda coincidiu coa Regata Rey Juan Carlos I e poidemos coñecer ao rei emérito. Moitas grazas aos monitores/as de vela adaptada, que sempre nos acollen cun sorriso, e aos patrocinadores que fan posible esta actividade, entre eles Fundación Talgo, que navegou con nós o domingo. Agradecerlle tamén á nosa voluntaria Lidia, por adicarnos o seu tempo e esforzo de xeito altruísta. Esperamos poder repetir o ano que vén!

share: