Memoria de Actividades 2019

Posted on 18-09-2020 , by: AMARAI , in , 0 Comments

Para ver a memoria, pinchar aquí: MEMORIA ACTIVIDADES 2019

O pasado mércores 16 de setembro tiña lugar a 24 Asamblea Ordinaria na que se espuxo as persoas socias asistentes a memoria de Actividades da Entidade que vos deixamos tamén aquí no enlace.

Nesta memoria dase a coñecer o traballo que a Asociación fixo no 2019 e entre o que destacamos:

  • Mais de 800 sesións de atención individual rehabilitadora física e cognitiva a persoas socias da entidade, entre os servizos de fisioterapia, natación terapéutica, logopedia, reforzo educativo, atención psicolóxica, badminton, coiro e golf.
  • As mais de 700 persoas asistentes a charlas de sensibilización, ven sexa de Prevención das Lesións Medulares, Acoso e Bulling nos colexos e nas xornadas do Día da Diversidade.
  • As 3 altas de nov@s usuari@ do Centro de Recursos
  • Os 27 servizos activos que tivo o centro o longo do 2019, como son entre outros:
    • Formación Académica, Estimulación Cognitiva, 6 Obradoiros diferentes (madeira, coiro, manualidades…), Fisioterapia, Terapia Ocupacional, Logopedia, Atención Psicolóxica, Habilidades Sociais, obradoiro afectivo-sexual, Voluntariado, Hipoterapia, 5 Deportes diferentes, etc, etc…
    • Creación de 2 novos servizos: Historias de vida e Musica Inclusiva e Participativa.
  • A realización de 61 actividades e saídas fora da programación habitual do centro, entre as que destacaremos:
    • Entroido de Melide, Representación do Grupo de Teatro «Ledicias de Amarai», Xornada Intercentros de Zumba, Campamento de Verán en Vilanova de Arousa, III Xornada Ecuestre, etc…
  • As melloras continuas no equipamento e infraestructuras do centro de recursos.

O compromiso coa transparencia é clave en Amarai, por iso, todas as persoas socias da entidade están o tanto de todo o que se realiza e en todo o que se invirte a dotación presupuestaria da entidade.

share: