En AMARAI, un dos servizos indispensables para levar a cabo a nosa actividade é o servizo de transporte. Por iso mesmo, o noso agradecemento á Consellería de Política Social e Xuventude pola financiación por parte dos Fondos Next Generation da UE e o Plan de Recuperación e Resilencia para poder dotar á nosa asociación dun novo vehículo. Neste caso, unha furgoneta para optimizar os nosos servizos e dar unha mellor prestación dos mesmos. Ademais, esta actuación está apoiada pola Xunta de Galicia.