DESCRIPCIÓN
No centro de recursos contamos cun servizo de catering realizado por empresa cualificada e con longa experiencia que está identificada no Rexistro Sanitario co nº 26.1456/C, obrigatorio para exercer a actividade de catering. Esta empresa ofértanos unha ampla gama de menús seguindo as pautas dietéticas das persoas usuarias que acoden o CENTRO de RECURSOS, e que son elaborados baixo estritos criterios sanitarios.
PRINCIPIOS FUNDAMENTAIS
Nutrición e alimentación segura, para iso contamos con profesionais implicados na asistencia á hora de comer das persoas usuarias tendo en conta:
– Necesidades de apoio.
– Grao de autonomía.
– Alteracións na deglución.
– Crisis epilépticas,…
Como na elaboración dos menús, seguindo as necesidades individuais de cada unha das persoas usuarias:
– Dietas e/ou modificacións na textura.
– Ingredientes mais adecuados.