DESCRIPCIÓN
A finalidade do mesmo é proporcionar alternativas formativas enfocadas a habilitación das persoas con discapacidade; para elevar o seu nivel de formación básica, profesional, ao seu desenvolvemento persoal e social cara unha incorporación a unha vida máis activa.
ACTUALMENTE
Na actualidade AMARAI oferta un curso de coiro, no que a inscrición está aberta durante todo o ano, e no que se ofrece:
- Formación no traballo coa pel profundizando no manexo dos útiles de traballo.
- Prácticas de corte e costura en pel.
- Técnicas de tinte, repuxado, troquelado, incisado, grabado…
Adaptamos esta formación ao nivel e características das persoas participantes.