Dada a importancia que o ocio e o lecer teñen para o desenvolvemento integral das persoas, dende AMARAI organízase distintas actividades e saídas dende as cales se promoven a participación das persoas con discapacidade en diferentes entornos con un carácter lúdico e recreativo.
AMARAI ofrece diferentes saídas, actividades e xornadas ás persoas socias que conforman a entidade e ás persoas usuarias do Centro de Recursos.
XORNADA DE FAMILIAS
Consiste nunha xornada de convivencia entre as familias na cal se desfruta dun xantar e música en vivo.
XORNADA GAVEA
Organizada por COGAMI, GAVEA é unha xornada de Vela Adaptada levada a cabo en Muxía na cal os participantes poden desfrutar dun paseo en vela e coñecer conceptos e mesmo dirixir a embarcación.
XORNADA ECUESTRE
Todos os anos, dende fai 5, AMARAI organiza a súa xa habitual Xornada Ecuestre no Centro Hípico «Marco das Pías», en Sobrado dos Monxes, e na que participan outras entidades, chegando a xuntar máis de 200 persoas.
Ao longo do día, desfrutan do entorno natural, cheo de actividades onde o contacto co mundo animal e a convivencia son a base principal.