Subvención da Diputación de A Coruña

Posted on 23-02-2021 , by: AMARAI , in , 0 Comments

A nosa entidade volve a estar de noraboa, coa concesión dunha subvención para o mantemento do Programa de Rehabilitación Física e Cognitiva no Centro de Recursos por parte da Diputación da Coruña no seu programa FOAXE P por un valor de 20.000 €.

Esta subvención axúdanos a sufragar parte dos gastos dos servizos e programas de estimulación física e cognitiva, como son:

  • Natación Terapéutica, Fisioterapia, Ximnasia de Mantemento, Hipoterapia, Musicoterapia.
  • Terapia Ocupacional, Logopedia, Atención Psicolóxica, Estimulación Cognitiva
  • Deportes Adaptados (golf, baloncesto, fútbol, brillé, badminton…)

Dende aquí aproveitamos para mostrar todo o noso agradecemento a Diputación da Coruña por outorgarnos subvencións coma esta.

share: