Subvención Diputación da Coruña para Mellorar as Infraestructuras

Posted on 03-03-2021 , by: AMARAI , in , 0 Comments

Amarai non para e volve a sumar unha nova concesión dunha subvención para a Mellora das Infraestructuras do Centro de Recursos por parte da Diputación da Coruña no seu programa FOIE por un valor de 9.782,50 €.

Con estes cartos, Amarai levou a cabo a reforma da entrada do centro e da rampa que comunica o Centro de Día co Centro Ocupacional e que consistiron en:

  • Acristalamento do hall de entrada do Centro de Día.
  • Colocación dunha porta de apertura automática na entrada.
  • Colocación dun novo chan antiesvaradizo.
  • Reforma do cierre da rampa de comunicación de ambos centros.
  • Colocación de cristais na parte superior e illamento de toda a infraesturctura.

Dende aquí aproveitamos para mostrar todo o noso agradecemento a Diputación da Coruña por outorgarnos subvencións coma esta que fan posible que cada ano sigamos a mellorar o noso centro.

share: