Amarai non para e volve a sumar unha nova concesión dunha subvención para a Mellora das Infraestructuras do Centro de Recursos por parte da Diputación da Coruña no seu programa FOIE por un valor de 9.782,50 €.
Con estes cartos, Amarai levou a cabo a reforma da entrada do centro e da rampa que comunica o Centro de Día co Centro Ocupacional e que consistiron en:
- Acristalamento do hall de entrada do Centro de Día.
- Colocación dunha porta de apertura automática na entrada.
- Colocación dun novo chan antiesvaradizo.
- Reforma do cierre da rampa de comunicación de ambos centros.
- Colocación de cristais na parte superior e illamento de toda a infraesturctura.
Dende aquí aproveitamos para mostrar todo o noso agradecemento a Diputación da Coruña por outorgarnos subvencións coma esta que fan posible que cada ano sigamos a mellorar o noso centro.