En maio achegámonos ata Gandarío para desfrutar do premio que nos facilitou EnkiProyecto.
Desfrutamos de varias actividades o sábado 21 e domingo 22, entre elas Paddle Surf adaptado. Tamén fixemos ploggin, orientación, paseo por Sada, etc.
Pasámolo en grande e estamos moi agradecidos por tan bo recibimento, tanto por parte de Jess, monitora de Enki, como polo persoal do albergue de Gandarío, como os monitores de Paddle SURF SUP MERA.