Visita Arqueixal

Posted on 23-07-2026 , by: Amarai Asociacion , in , 0 Comments

Vivimos unha xornada moi especial pola comarca da Ulloa
Pola mañá achegámonos a Palas de Rei e tivemos a oportunidade de visitar Arqueixal: a súa granxa, coñecer a casa antiga e participar nun divertido taller de elaboración de queixo, onde aprendemos de primeira man como se elabora este produto tan tradicional. Foi unha experiencia moi enriquecedora, chea de aprendizaxes, tradición e contacto coa natureza.🧀💚
🏊‍♀️ Pola tarde refrescámonos e pasámolo en grande na Piscina Municipal de Antas de Ulla, disfrutando dos seus tobogáns e dun tempo de lecer moi merecido.
Un día completo de convivencia, diversión e novas experiencias😊
share: