A Asociación Amarai está de noraboa, xa que estrea unha nova furgoneta adaptada para levar a cabo melloras no servizo de transporte adaptado.
Gracias a subvención recibida a cargo dos fondos para subvención do IRPF, Amarai pode mellorar o seu servizo de transporte adaptado, xa que dende este mes, conta cunha nova furgoneta adaptada de 9 prazas.
A adquicisión desta furgoneta, posibilitará que se poida chegar a un amior número de persoas usuarias, se reduzcan os tempos que as persoas pasan nas rutas de recollida e regreso os seus fogares e permitirá tamén actualizar o parque móbil da entidade de cara a mellorar a eficiencia enerxética do mesmo.