ASAMBLEA EXTRAORDINARIA

Posted on 17-12-2024 , by: Amarai Asociacion , in , , 0 Comments

No mes de setembro, Amarai Asociación celebrou a súa Asamblea Extraordinaria, na que tivo lugar a elección Xunta Directiva para os vindeiros 4 anos, encabezada por Carmen Rey Rey.
Parabéns e agradecemento ao compromiso da Xunta Directiva por seguir remando e apostando por esta asociación, tan importante para as persoas con discapacidade da nosa comarca e, en memoria do noso anterior presidente, José Luis, lembramos o seu bo desempeño e con gañas e esforzo collemos as rendas que el inculcou: o afán se seguir esforzándonos para que este colectivo teña a voz necesaria para o seu desenvolvemento nesta sociedade, da que todas e todos formamos parte.
Aprobeitouse para poñer en coñecemento as persoas socias da entidade o proxecto no que AMARAI empezará a traballar e loitar, coma é o servizo residencial, para dar resposta ás necesidades reales da nosa xente.
Agradecemos a presenza e colaboración de Anxo Queiruga (presidente de COGAMI) e Manuel Caamaño (coordinador da área de Fortalecimiento do Movemento Asociativo de COGAMI (FMA)), quenes dinamizaron esta xornada e quenes colaboran estreitamente con AMARAI, para que estes proxectos sexan unha realidade.
share: