Subvención Deputación da Coruña

Posted on 07-03-2023 , by: Asociación AMARAI , in , , 0 Comments

AMARAI, recibiu este ano 10.952’40 euros a través da Subvención FOIE para o desenvolvemento do Programa Mellora de Equipamento e Infraestructuras do Centro de Día.

Con esta concesión instalouse linóleo nas paredes do Centro de Día, ademáis de pintar o interior das mesmas. Por outra banda, adquiríronse catro ordenadores portátiles e dúas bicicletas (unha estática e outra elíptica) para o servizo de rehabilitación, xunto con material logopédico e sillas para as aulas, talleres e comedor.

Esta aportación da Deputación significa que dende AMARAI se mellorase a prestación de servizos e, con iso, garantimos a calidade de vida das persoas usuarias.

share: