O resultado con esta subvención será o desenvolvemento dunha intervención interdisciplinar integral, xa que o aumento de persoal permitirá unha maior atención individualizada, e contribuirá ao desenvolvemento persoal e social das persoas con discapacidade, así como dunha mellora da calidade dos servizos prestados.
Recentemente acabamos de recibir unha resolución pola que se nos outorga unha subvención, polo importe de 9870.56 euros á nosa entidade, equivalente aos custos salariais dunha coidadora, maila cotización empresarial á Seguridade Social derivada de ditos salarios, resultantes da contratación dunha persoa desempregada inscrita no Servizo de Emprego Público Estatal para a realización do servizo “III PROGRAMA DE APOIO SOCIAOSANITARIO PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADE” , durante 7 meses a xornada completa.