Subvención Programa de Cooperación

Posted on 10-01-2020 , by: AMARAI , in , 0 Comments

Recentemente acabamos de recibir unha resolución pola que se nos outorga unha subvención, polo importe de 35.604 euros á nosa entidade, equivalente aos custos salariais dunha monitora de taller e dunha educadora social, maila cotización empresarial á Seguridade Social derivada de ditos salarios, resultantes da contratación de 2 persoas desempregadas inscritas no Servizo de Emprego Público Estatal para a realización do servizo “X PROGRAMA CON PERSOAS CON DISCAPACIDADE” , durante 9 meses a xornada completa.

O resultado con esta subvención será o desenvolvemento dunha intervención interdisciplinar integral, xa que o aumento de persoal permitirá unha maior atención individualizada, e contribuirá ao desenvolvemento persoal e social das persoas con discapacidade, así como dunha mellora da calidade dos servizos prestados.

share: