XXVIII ASAMBLEA XERAL ORDINARIA

Posted on 07-06-2024 , by: Asociación AMARAI , in , 0 Comments

O pasado mes de maio celebramos a XXVIII Asamblea Xeral Ordinaria no Centro de Recursos de AMARAI.
Presentáronse os informes de actividades e económicos do ano 2023, o orzamento e a programación de servizos e actividades para o 2024.
Coma temas de intere, resaltouse a importancia da participación das persoas socias nas diferentes actividades que se organizan dende AMARAI, na importancia de darlle continuidade ás xornadas de sensibilización e sobre todo, da necesidade dun centro residencial para dar resposta ás persoas usuarias e familias con discapacidade.
share: