En Amarai queremos celebrar estas festas en familia, e por iso o venres 20 reuniremos á gran familia que fomos creando ao longo dos máis de vinte anos de historia da nosa asociación para celebrar a tradicional Comida de Nadal. Un total de 82 persoas teñen confirmada a súa asistencia ao xantar que celebraremos no restaurante O’Gloman, en Arzúa, a partir das 14.00 horas.
A inclusión na comunidade, a promoción da autonomía persoal, a non discriminación, a igualdade de oportunidades e a emancipación social constitúen o eixo do noso traballo, convertendo ás persoas con discapacidade e ás súas familias nos máximos referentes da nosa acción e nos seus beneficiarios finais. Esta Comida de Nadal é un momento para festexar os logros que pouco a pouco imos conseguindo na nosa loita constante pola mellora da calidade de vida das persoas que temos capacidades diferentes.
A celebración xirará arredor do xantar, pero non exclusivamente, porque ao remate teremos unha festa aberta á participación de todas e todos, con sorteos de premios, xogos e música. E todos/as os/as asistentes levarán como recordo desta entrañable data un agasallo elaborado polas persoas do centro de recursos Amarai.
Bo Nadal!