O 15 de xullo celebramos a Festa Ibicenca. Vestímonos de branco, colares de cores e o noso mellor sorriso e achegámonos á Área Recreativa de Boimorto facer festa, comer todos xuntos e tarde de piscina. Fixemos un photocall e moitos xogos de auga. En definitiva, démoslle unha boa benvida ao verán e combatimos o calor dese gran día.