Hipoterapia

Posted on 20-06-2023 , by: Asociación AMARAI , in , 0 Comments

Todos os luns achegámonos ata O Marco das Pías en Sobrado dos Monxes a realizar a actividade de hipoterapia; abordaxe rehabilitador que mellora aspectos físicos e psicomotores, sobre todo naqueles casos que predomina a disfunción neurolóxica e/ou motriz, aproveitándose do movemento tridimensional do cabalo para mellorar e potenciar o equilibro, ton muscular, o control postural… Tamén se traballan obxectivos doutras áreas como a comunicación, socialización, autoestima, etc. É un tratamento complementario do que AMARAI é partícipe un día á semana.

Pincha para ver o vídeo: https://youtu.be/e40pDNsQ82U

share: